Moción contra el canon de O Concello de Foz

O Concello de Foz aprobou no pleno do 17 de novembro de 2006, por unamimidade dos tres partidos integrantes do Pleno (PSOE, BNG e PP), unha moción presentada polo grupo socialista ao respecto. Resumen:

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE RELATIVA Ó DEREITO AO PRÉSTAMO DE LIBROS NAS BIBLIOTECAS LIBRE DE CALQUER TIPO DE PAGO.-

Sométese a consideración do Pleno Municipal a seguinte Moción do Grupo Municipal do PSOE:

1.- Amosar a nosa adhesión ao Manifesto en contra da directiva comunitaria, elaborado polo Grupo de Bibliotecas e Propiedade Intelectual da Federación Española de Sociedade de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (Fesabid), xunto con outros profesionais do sector, rechazando a posibilidade de que o préstamo público realizado nas bibliotecas e centros similares quede suxeito ao pago dunha compensación económica.

2.- Declarar e recoñecer que as bibliotecas, arquivos, museos, fonotecas e filmotecas cumplen unha función de difusión da cultura e o pensamento que supón un apoio ao fortalecemento dos valores democráticos. O pago dun canon iría en detrimento desta función de servizo social, plo que solicita ás institucións públicas que defendan a situación actual deste tipo de centros e se inhiba de aplicar a polémica legislación europea.

3.- Recoñecer a necesidade de asegurar o xusto equilibrio entre os intereses dos autores, os editores e a sociedade en xeral, paro destacando o interés que exercen as blibliotecas no sesenrolo e mantemento dunha sociedade democrática ao facilitar ó acceso a unha variedade inmensa de coñecementos, sendo as bibliotecas xa sufragadas polos impostor dos/as cidadáns/ás.

4.- Instar ao Governo da Nación a que en aras de defender os intereses da comunidade, defenda o mantemento do actual sistema de préstmo, comunicando á Comisión Europea a súa deternimación de aplicar o artigo 5.3 da mencionada directiva que deixa a posibilidade de que os estados eximan do pago de dereitos a certas entidades de pública utilidade, co fin de que o Estado Español poida deixar as bibliotecas fora desa reglamentación, a fin de que o expediente quede pechado.

5.- Mostrar o noso apoio ás medidas tomadas polos bibliotecarios deste país, iniciadas nas “Xornadas contra o préstamo de pago” celebradas o ano pasado en Guadalajara, en contra das propostas da Unión Europea de modificación da Lei de Propiedade Intelectual para o cobro dos dereitos de autor polos préstamos que se realicen nas bibliotecas.

6.- Deste acordo darase traslado ás seguites institucións: Ministerio de Cultura, Consellería de Cultura, Federación Española de Municipios e Provincias, Sociedade Xeral de Autores, Fesabid, Anabad e Dirección Xeral de Museos, Arquitos e Bibliotecas.

A moción é aprobada por unanimidade.

Un comentario en “Moción contra el canon de O Concello de Foz”

Los comentarios están cerrados.